CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Os Arrieiros e o Folión de Buxán levan o son do Entroido polas rúas de Petín

A xuntanza de folións tiña lugar na tarde do 16 de febreiro

Aínda faltan dúas semanas para as datas centrais do Entroido pero o son dos bombos, cornas e apeiros de labranza déixanse sentir xa por boa parte da provincia de Ourense, con intercambios e desfiles de folións case a diario.

De feito Os Arrieros de Petín levan xa varias visitas. O 2 de febreiro tocaban no Bolo, o día 7 en Buxán e na tarde do 16 de febreiro recibían ao Folión de Buxán. Despois de percorrer as rúas do casco vello, ámbolos dous folións tocaban conxuntamente na praza do pobo, rematando a xuntanza cunha merenda na Casa da Cultura.

As seguintes saídas do Folión Os Arrieiros serán polas rúas de Petín o Xoves de Compadres (21 de febreiro) e no encontro de Trives organizado polos Labregos (domingo 24 de febreiro).

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button