OurenseÚltima hora

Os artistas bótanse á rúa para plasmar a cidade no seu lenzo

O concurso de Pintura Rápida de Ourense congregou a 25 pintores que, durante toda a xornada, concorreron por facer a pintura máis orixinal que plasmase a vitalidade da cidade
Os artistas escolleron un punto da cidade e o plasmaron no lenzo.

A cidade posou hoxe para os artistas que se presentaron ao concurso de Pintura Rápida organizado polo Concello de Ourense. Esta maratón consiste en que os participantes saísen á rúa, dende as 09:00 horas da mañá para capturar os encantos da capital das Burgas. Recunchos do centro histórico, edificios emblemáticos ou simples situacións cotiás foron algúns dos espazos que decidiron plasmar os participantes.

Durante toda a xornada foi habitual ver a xente debuxando a realidade da cidade. Tras iso, os cadros orixinais foron expostos ao público de 18:00 a 21:30 horas na Sala Valente, na rúa do Paseo. Un total de 25 participantes conseguiron arrebatarlle un momento á cidade e plasmalo no lenzo.

Un total de 25 artistas participaron nesta iniciativa.

Finalmente, o xurado do concurso de Pintura Rápida decidiu entregarlle o primeiro premio, dotado con 1.200 euros, a Pío Costa Barreiro. O segundo, de 600 euros, foi para Lolo Serrano Morán e o terceiro premio, dotado con 400 euros en metálico, foi para Eduardo Pérez Baamonde. En canto aos tres accésit, dotados cun premio de 100 euros, estes foron para Raúl Gil, Manuel Carballeira e Roberto Castro.

Tanto a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, como o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, estiveron canda eses artistas vendo o seu traballo, e así o documentaron nas súas redes sociais.

Chío de Jesús Vázquez cun collage que resume a xornada.

A próxima semana, 4 e 5 de xuño, será a quenda dos fotógrafos que queiran tomarlle o pulso á rúa, e demostrar o seu talento, a través dunha serie de fotografías que tamén plasmen o movemento da cidade.

Artigos relacionados

Back to top button