EconomíaEconomíaÚltima hora

Os asociados de Apetamcor acordan en votación manter o paro no transporte

A asociación tamén matiza que "respecta a liberdade dos socios/as que queiran traballar"

 

Apetamcor continuará apoiando o paro por votación democrática dos seus asociados. O sábado 26 de marzo, en asemblea extraordinaria realizada nas catro sedes que a asociación ten en Galicia, tiña lugar a votación democrática dos socios/as de Apetamcor sobre a continuidade do paro do transporte.

O resultado desta votación foi o seguinte:

● Apetamcor Ourense (votaron 56 persoas)
○ A favor do paro: 22
○ En contra do paro: 29
○ NS/NC: 3
○ En branco: 2
● Apetamcor O Porriño (votaron 59 persoas)
○ A favor do paro: 27
○ En contra do paro: 27
○ NS/NC: 4
○ En branco: 1
● Apetamcor Santiago de Compostela (votaron 66 persoas)
○ A favor do paro: 39
○ En contra do paro: 23
○ NS/NC: 4
● Apetamcor Lugo (votaron 7 persoas)
○ A favor do paro: 5
○ En contra do paro: 1
○ NS/NC: 1

“De acordo co resultado das eleccións, Apetamcor continúa secundando o paro, pero respecta a liberdade dos socios/as que queiran traballar”, asegura asociación. Tamén se matiza que “Apetamcor non representa aos socios/as que cometan actos vandálicos”.

Artigos relacionados

Back to top button