DeportesÚltima hora

Os atletas Carlos Revuelta, Leticia Gil e Eva Arias, bazas valdeorresas no campionato de España absoluto

Entre os máis de 40 atletas galegos presentes nesta cita nacional, que se celebrará en Xefate, tamén estará Leticia Fernández do Club Adas
Os atletas valdeorreses Carlos Revuelta e Leticia Gil./ Foto cedida.

Nesta fin de semana Xetafe acollerá o XCVIII Campionato de España absoluto de atletismo. Unha cita no que a representación galega será dun total de 43 atletas, entre os cales estarán os valdeorreses Leticia Gil na lonxitude e Carlos Revuelta no martelo (7,260 quilos). Será precisamente no lanzamento de martelo onde poderá vivirse “un interesantísimo duelo entre o campión de Europa máster Nacho Fernández do Celta e o barquense Carlos Revuelta, separados por apenas 4 cm no martelo e cos postos de finalista ao alcance de ambos”, destacan dende a Federación Galega de Atletismo (FGA).

Pola súa banda, na lonxitude Leticia Gil intentará saltar máis alá dos 6.20 m. Tamén están inscritas nesta cita española, considerada o acontemento estatal máis importante da tempada cuns 775 atletas, a vilamartinesa Eva Arias na proba dos 3.000 obstáculos e Leticia Fernández, atletas do Adas que correrá nos 1.500.

O que non poderá acudir ao nacional absoluto, debido a unha lesión, será o marchador barquense José Fernández Nieves.

Artigos relacionados

Back to top button