En portadaÚltima hora

Os atletas das Escolas Deportivas de Trives conquistan os podios do provincial de cross

Lograban 2 títulos individuais, mentres que 9 eran os atletas que se subían ao podio por equipos

 

Os atletas das Escolas Deportivas de Trives seguen demostrando a súa calidade e conquistando podios. Desta volta era no Xogade-Campionato provincial de Cross, celebrado onte domingo en Ribadavia. Nel competían novamente coa camiseta do Club Adas e sumaban un total de 2 podios individuais, mentres que 9 eran os atletas que se subían ao podio por equipos.

Así, José Hervella facíase co título de campión provincial en Sub12, mentres que Nicolás Conde era bronce en Sub10. Xa por equipos Sub12, Antón Prieto, Tomás Rey e José Hervella proclamabánse campións, mentres que o equipo Sub14 do que formaban parte Paulo Efrén e Marcos Basalo quedaba segundo.

Prata provincial tamén para o equipo Sub10 no que estaban Unai Castro, Iago García e Nicolás Conde. Tamén subcampión se proclamaba o equipo Sub10 do que formaba parte Alejandra Prieto.

 

 

Para o adestrador das Escolas Deportivas de Trives, Tino Sierra, estes resultados foron “espectaculares”. Ademais, destaca a actuación dos “nenos e nenas de Sub10 porque foi o seu primero Cross e todos colleitaron medallas facendo moi boas marcas. Todos baixaron as súas marcas. Entón, un pode estar contento porque o traballo está ben feito”.

Ademais, Tino Sierra agradece aos atletas “o seu bo traballo, tendo en conta ademais que onte foi un día moi chuvioso”. E matiza que, aínda que Martín Rey, “non puido traer medalla, fixo moi boa marca ( 7.55) en 2.300 m, e ten o premio de ir ao campionato galego”. O adestrador tamén expresa o seu agradecemento aos pais e nais, que, “aínda estando un día malo con moita auga, non fallan”.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button