DeportesÚltima hora

Os atletas galegos federados terán unha licenza en formato dixital

Tamén poderán dispór dela adestradores, xuíces e organizados, segundo a FGA

 

No marco da actual situación de desescalada do estado de alarma, a Federación Galega de Atletismo (FGA) solicitaba a finais de abril á Real Federación Española de Atletismo (RFEA) a tramitación de “licenzas en formato dixital que acrediten a condición de federados na presente tempada”.

Desta medida, “que non entraña ningún tipo de custo, poderanse aproveitar todos os estamentos do noso atletismo (atletas, adestradores, xuíces, organizadores) que teñan a ficha tramitada na actualidade”, indica a FGA. Esta entidade adianta que en breve os atletas recibirán no seu correo, sen necesidade de solicitalo, unha licenza dixital coa cal poder acreditar a vosa condición, no caso de ser requerido por exemplo, polas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado”.

Aínda así, a federación galega matiza que “a RFEA só poderá tramitar as daquelas persoas que teñan introducido na base de datos un e-mail válido e foto, sendo importante que os clubs aseguren que estes datos están introducidos”.

Artigos relacionados

Back to top button