DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os atletas rueses, donos do podium na San Silvestre de Quiroga

Esta carreira, de 3,5 km, reunía a un cento de participantes o 31 de decembro nesta vila lucense

Con moi bo sabor de boca remataban o ano os membros do Club Atletismo Rúa. Lograban uns excelentes resultados na II Carreira Marcha Solidaria San Silvestre de Quiroga, que tiña lugar o 31 de decembro nesta vila lucense e que reunía a un cento de participantes. A proba desputábase nun circuíto de 3,5 km.

Dos seis atletas rueses, tres facían podium: Raúl Rodríguez Ibarra ganaba “dando un gran exemplo de compañeirismo e superación”, Iván Dosantos Luis era segundo “recuperando o seu estado en forma” e Manuel Fernández Martínez terceiro, loitando ata os últimos metros”, tal e como se destacaba dende este club deportivo.

Ademais os tres corredores restantes entraban entre os sete primeiros: David Fernández Soto quedaba quinto, Miguel Rodríguez, sexto; e Daniel Delgado, sétimo.

Fotos: cedidas polo Club Atletismo Rúa

Artigos relacionados

Back to top button