OurenseÚltima hora

Os autobuses urbanos de Ourense circularán dende hoxe con aforo reducido

Dende o Concello solicitan aos usuarios que, dada a situación sanitaria, durante os próximos días procuren utilizalos só se resulta necesario

Bus urbano do Concello de Ourense.

 

Dende hoxe, sábado día 7 de novembro, os autobuses urbanos do concello de Ourense circularán con prazas limitadas, atendendo as indicacións das autoridades sanitarias en vista da evolución da pandemia do Covid-19. Así, “só se poderán utilizar o 50% dos asentos dos vehículos, de forma que persoas non conviventes non ocupen espazos contiguos. As prazas para viaxar de pé reduciranse ao 25%”, explican dende o Concello.

A administración local adopta esta medida tras realizar unha consulta á Dirección Xeral de Mobilidade sobre a aplicación aos autobuses municipais da orde do día 4 de novembro da Consellería de Sanidade pola que se establecen medidas de prevención específicas pola evolución da enfermidade. “Aínda que a norma non cita expresamente aos autobuses municipais, as restricións sonlles tamén aplicables”, informou a Xunta ao Concello.

Dende o Concello de Ourense solicitan aos usuarios que “durante os próximos días procuren utilizar os autobuses urbanos só se resulta necesario, dada a limitación de prazas existente. Realizaremos un seguimento diario dos servizos para adoptar as medidas que, no seu caso, sexan precisas”, aseguran.

Artigos relacionados

Back to top button