EconomíaEconomíaOurenseÚltima hora

Os autónomos de Ourense reivindican melloras para o colectivo

Representantes de Autónomos Unidos Para Actuar reuníronse coa ministra de Traballo durante a súa visita á cidade das Burgas

A plataforma A.U.P.A. (Autónomos Unidos Para Actuar) reúne en Ourense a máis de 300 autónomos (máis de 40.000 en toda España), formando un colectivo que se sente “marxinado, sufrindo a desidia das distintas Administracións”. Por iso a voceira, Carmen Loureiro aproveitaba a visita que a ministra de Traballo en funcións Magdalena Valerio facía á cidade das Burgas na mañá do 22 de maio, para facerlle chegar un escrito coas súas reivindicacións.

 

Membros do colectivo A.U.P.A. coa ministra. en Ourense.

 

Unhas peticións que se engloban en cinco grandes apartados: reformar o sistema de cotización RETA, moi superior e desigual con respecto ao asalariado; reducir pagos abusivos á Administración; maior flexibilidade, práctica e real, para recuperar o IVE dos impagos; melloras na lei de segunda oportunidade para autónomos societarios e non societarios; e sinxeleza en leis de obrigado cumprimento como o Regulamento Europeo de Protección de Datos ou Prevención de Riscos Laborais.

Tal como explican dende o colectivo, na súa visita a Ourense, a ministra mostrouse “moi receptiva e con ganas de axudar na procura de dar solución a estes vellos problemas”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button