EconomíaEconomíaÚltima hora

Os axentes forestais do Barco valoran ir á folga

Asistentes á asemblea convocada pola CIG./ Foto cedida.

Mais de vinte axentes forestais do Barco reuníanse nunha asemblea convocada pola CIG na tarde do 26 de abril na Casa Grande de Viloira (O Barco). A reunión tiña como obxectivo “decidir medidas de loita cara un acordo de condicións de traballo, coeficientes redutores, equiparación salarial, regulamento, segunda actividade, formación para lumes de sexta xeración…, en definitiva, condicións dignas de traballo e futuro na nosa terra”, explican dende a CIG.

Entre esas medidas valorábase a posibilidade de levar adiante accións “de mobilización e folga parcial e indefinida. A unidade é a clave”, destacan dende o citado sindicato.

Artigos relacionados

Back to top button