Os bailes de Colombia, Tahití e Ucraína conquistan ao público trivés

Máis de 300 persoas desfrutaron das Xornadas de Folclore Internacional que comezaban en Trives a xira pola provincia

Fieis á cita, máis de 300 persoas desfrutaron como cada verán das Xornadas de Folclore Internacional celebradas na noite do 7 de agosto no Patio Santa Leonor, na Pobra de Trives. Unha noite de danza, música e cor con tres grupos sobre o escenario.

Dende a cidade de Cali, Colombia, a Compañía Artística Danzar presentou as súas coreografías acompañadas dun colorido vestiario; procedente da cidade francesa de Toulon o grupo Hei Show Tamure está constituído pola comunidade de Tahití residente no sur de Francia; e por último, o Grupo Poltava procedente da cidade canadense de Regina presentou un espectáculo multicultural que celebra a beleza do espírito humano.

En Trives, as XXXV Xornadas de Folclore Internacional comezaban, despois da estrea na capital, a súa xira pola provincia de Ourense que se estenderá ata o vindeiro 15 de agosto.

Fotos: Concello da Pobra de Trives.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies