Despois de achegar o seu concepto de rock alternativo a cidades galegas como Sada (onde gañaron o terceiro premio da “Batalla de Bandas Sada Rock”) ou Caldas de Reis, formando parte do cartaz do XVI Festival Internacional Cultura Quente xunto a artistas como Siniestro Total, Furious Monkey House ou Los Enemigos, os valddeorreses Big Crunch! regresan a casa para publicar o seu novo traballo fonográfico “Big Crunch EP”, totalmente autoproducido e autoeditado en formato CD.
O traballo inclúe cinco temas, entre eles “Trayecto sin rumbo”, “Deferro” ou “Kenophobia”, canción coa que gañaron no II Concurso de Maquetas Cultura Quente, e pódese conseguir en establecementos barquenses como Ton y Son, a tapería Agarimo, ou o bar Veira Sil, e tamén a través da web bigcrunchband.bandcamp.com tanto en formato físico como en dixital