En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Os barquenses retan á chuvia na carreira e na andaina do San Xoán en Viloira

Ao rematar dos participantes desfrutaban dunha pancetada e pola noite soaba a música de Kubo

 

Correndo e camiñando celebraban na tarde deste 23 de xuño o San Xoán no Barco. Dende a praza Otero Pedrayo de Viloira dábanse as saídas pasadas ás oito e media da tarde da andaina/carreira popular, que concluía cunha pancetada para os participantes. Os primeiros participar eran os máis pequenos, cunha carreira que daba a volta á praza. Logo viña a andaina e carreira dos maiores.

 

 

 

Ademais instalábase un fotocal na saída da carreira, e os premios eran individuais e colectivos. No caso dos individuais, agasallos para todos os nenos máis pequenos; premios ao mellor disfraz de san Xoan, ao corredor máis novo, e o máis veterano. Nos colectivos, recibían premios as asociacións, empresas e clubes con máis inscritos, e tamén aqueles que se presentaban co mellor disfraz colectivo.

A celebración, promovida polo Concello do Barco, continuaba a partir das 23h. coa actuación da orquestra Kubo na mesma praza.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button