ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Os “benditos de San Cristóbal” percorren A Rúa e Petín

Uns 70 coches participaban na procesión celebrada na tarde do 10 de xullo

Tras unha animada fin de semana, con multitudinarias actividades como a cea popular ou o desfile do CarnaVrao,… a Asociación Sociocultural San Cristóbal, poñía o broche á súa programación estival coa bendición de coches e procesión dos “benditos” pola Rúa e Petín.

 

María Alejandre sacou o carné de conducir hai un ano.

 

Por segundo ano consecutivo, ás oito da tarde do 10 de xullo o párroco de Fontei Lisardo Paradelo, oficiaba a misa na honra a San Cristóbal (considerado patrón de peregrinos, viaxeiros, motoristas e transportistas en xeral) e de seguido procedía á bendición dos preto de setenta vehículos que se xuntaron no entorno do adro. Moitos eran antigos e clásicos, verdadeiras xoias do motor en perfecto estado de conservación, pero tamén os había máis modernos. Coches grandes e pequenos e incluso algunha furgoneta, a maioría engalanados para a ocasión.

 

Santiago Álvarez cun dos seus clásicos, na bendición.

 

E trala bendición, na que o párroco abogou polo coidado dos vehículos por parte dos seus propietarios, os “benditos” comezaron a procesión rumbo á praza de Petín, facendo parada nos bares para tomar unha copa ou un café, convidados pola organización á primeira consumición. A seguinte parada, despois de percorrer a vía central da Rúa, era a zona de San Roque con visita incluída ao bar.

 

Os “benditos”, na praza de Petín.

 

Entre os numerosos participantes na procesión estaba María Alejandre que asistía ao acto para celebrar o primeiro aniversario do seu carné de conducir xa que tal como ela mesma explicou, sacouno “tal día como hoxe, hai un ano”.

 

A procesión de coches fixo parada no bar San Roque, na Rúa Vella.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button