CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Os Bertolini amenizarán mañá a xornada de benvida ao verán na Estación de Montaña Manzaneda

O evento 'Ola verán' comenzará ás 10:30 horas e prolongarase ata a noite co concerto de Sabela Cereijo

Os Bertolini de Manzaneda, actuando./ Foto: A.R.

 

Aínda que a tempada de verán comezou o 1 de maio na Estación de Montaña Manzaneda será esta fin de semana cando lle dé oficialmente a benvida ao mes de xullo co evento Ola Verán. Ás actividades ao aire libre –haberá propostas gratuítas para todos os públicos desde as 10:30 horas- sumaranse a música, ademais da oferta gastronómica nos seus servizos de restauración.

O programa comezará no parque multiaventura para continuar, ao mediodía, cunha visita ao picadero. Para as 15:30 horas prevese o inicio do xogo de tiro con arco e, unha hora máis tarde, haberá outra actividade no rocódromo. Tamén se ofrecerán inchábeis para os máis pequenos e música durante todo o día cos gaiteiros Os Bertolini; pola tarde cunha sesión DJ na Tasquiña; e de noite cun novo episodio da nova proposta de voces femininas que xa comezou a pasada fin de semana.

 

Actuación na anterior edición do ‘Ola Verán’.

 

O ciclo de concertos ‘Elas cantan’, que se prolongará durante todos os sábados de xullo e agosto, continuá mañá coa actuación de Sabela Cereijo na cafetería Os Arandos. Esta proposta musical ten a particularidade de que só participan grupos liderados por mulleres.

Para todos os afeccionados ao deporte e a aventura que queiran dar a benvida ao verán en Manzaneda seguirán abertas todas as instalacións con promocións especiais. Telecadeira turístico; Bike Park, tanto para adultos como junior; piscina e circuíto termal; iniciación á orientación; roteiros guiados dacabalo, slackline, paintball ou ping-pong son só algunhas das propostas que se ofrecen na Estación.

 

Xantando nunha edición anterior do ‘Ola Verán’ na Estación de Montaña Manzaneda.

Artigos relacionados

Back to top button