CulturaEducaciónÚltima hora

Os Bolechas despiden a xira de Nadal en Verín e Allariz

A Caravana, con actividades para toda a familia, estará o 3 de xaneiro en Verín e o 4 en Allariz
A Caravana dos Bolechas.
A Caravana dos Bolechas.

Para pechar a Xira de Nadal 2015 dos Bolechas, a Caravana estará no pavillón de deportes de Verín este domingo, 3 de xaneiro, de 12:30 a 14 horas e de 16:30 a 20:30 horas. O luns desprazarase ata Allariz, onde estará situada a partires das 12 e ata as 20 horas no Campo da Barreira.

Debido ao éxito do pasado ano, a Caravana de Nadal dos Bolechas volve incluír unha tenda con todos os produtos da marca, entre eles os novos libros dos personaxes que levan un peluche de agasallo, pero tamén os libriños de formato clásicos dos Bolechas, o libro-disco, o curso de inglés, os novos tomos da Biblioteca Básica, etc.

Cativos e maiores na Caravana dos Bolechas.
Cativos e maiores na Caravana dos Bolechas.

Ademais, a Caravana inclúe o R4 e o autobús de dúas plantas, onde os pequenos seguidores desta familia poderán gozar de multitude de actividades totalmente gratuítas. No primeiro andar estará instalada a ludoteca con xogos para divertirse e aprender ao máis puro estilo “Bolechas”, así como material para manualidades, libros e ordenadores. O segundo andar conta cunha sala de cine dotada para ver Os Bolechas. Tamén se realizarán obradoiros de debuxo e diversas iniciativas relacionadas coas artes plásticas.

Os Bolechas corpóreos, os enormes bonecos que causan sensación por onde van, estarán presentes nos dous concellos a partires das 17 horas.

Artigos relacionados

Back to top button