CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Os Bolechas e o “Nadal… pero sen neve” recalarán en Viana do Bolo o 27 de decembro

Os irmáns animados máis famosos de Galicia actuarán na Casa da Cultura a partir das sete da tarde

 

Os Bolechas celebran o Nadal, sen neve e moi preocupados polo quecemento do planeta, no marco das propostas de dinamización lingüística do programa Nadal en Rede impulsado pola Rede de Dinamización Lingüística, nunha tradicional xira que levará aos irmáns animados máis famosos de Galicia a oito concellos do 21 ao 30 de decembro, entre eles Viana do Bolo.

É Nadal e os Bolechas están na casa, porque vai moitísimo frío. A televisión di que un informe da axencia europea do medio ambiente sitúa o noroeste peninsular como unha das zonas que máis se verán afectadas polo quecemento do planeta. Os irmáns fican arrepiados e chaman o seu amigo científico Estroncio Potasio que co seu aparello cuántico acelerado vai provocar algo terrible: un Lixontropo, unha das consecuencias do cambio climático, ao que lle encanta o calor nestas datas e tamén comer fume de coche, cueiros, porcalladas…

É o argumento desta proposta teatral con monicreques manipulados que arranca este mesmo sábado, 21 de decembro, en Curtis e poderase gozar, en todas as localidades con entrada libre e de balde ata esgotar as localidades. En Viana do Bolo recalarán o venres 27 de decembro na Casa da Cultura, ás 19 horas.

Artigos relacionados

Back to top button