CulturaEducaciónÚltima hora

Os Bolechas e o Sabinchón, no Barco

Nenos e maiores disfrutaron coa función, no Teatro Lauro Olmo

Na tarde do domingo 21 de setembro, os cativos do Barco de Valdeorras en moitos casos acompañados por familiares adultos, disfrutaron da función “Os Bolechas e o Sabinchón” no Teatro Lauro Olmo.

Trátase dunha actividade incluída no programa de dinamización lingüística FalaRedes, organizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística para promover o uso do galego.

A maiores da parte de lecer, “Os Bolechas e o Sabichón” tamén ten a súa parte didáctica, xa que a actividade simula un concurso no que tanto os irmáns Bolechas coma os nenos e nenas asistentes demostran os seus coñecementos e habilidades lingüísticas. En forma de monicreques manipulados por actores á vista, os bonecos creados por Pepe Carrera foron os protagonista sobre o escenario.

O Sabichón é un personaxe “moi listiño” que presenta o concurso. Nel participan dous equipos, un liderado por Braulio Bolechas e outro por Loli Bolechas, os irmáns que terán que enfrontarse a preguntas e probas moi divertidas. Para venceren, precisan da axuda do público,
converténdose a xente miúda en protagonista do espectáculo.

Sempre en galego, Os Bolechas fixeron as ledicias do público barquense.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button