CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Os Bolechas pecharán en Viana a xira deste Nadal “Carta urxente aos tres Reis Magos de Oriente”

Actuarán o 7 de xaneiro de 2021 ás 18 horas na Casa da Cultura

 

Os bonecos animados máis famosos de Galicia volven aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) polo Nadal coa xira “Carta urxente aos tres Reis Magos de Oriente” que chegará do 21 de decembro ao 7 de xaneiro aos concellos de Guntín, Abadín, Trazo, Redondela, Bergondo, Salceda de Caselas, Padrón e Viana do Bolo.

“Os Bolechas non podían faltar á cita na nosa RDL, que sempre os acolle nas súas programacións municipais de lecer para celebrar o nadal e ofrecer cultura segura cos mellores referentes galegofalantes da cativada”, sinalou o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, na presentación da xira, destacando que  “con todas as precaucións e a través dun espectáculo adaptado ás estritas medidas que require a situación hixiénico-sanitaria, seguimos apostando polas actividades culturais e polos artistas que nos axudan na tarefa de dinamizar a lingua galega entre a cativada e promover a súa transmisión interxeracional”.

A proposta teatral con monicreques manipulados arrancaba este luns 21 de decembro de 2020 en Guntín e rematará o xoves 7 de xaneiro de 2021 en Viana do Bolo (na Casa da Cultura, ás 18 horas). A asistencia á función é de balde, aínda que, debido á situación, os concellos xestionan cadanseu sistema de reserva previo de entrada.

 

Un dos Bolechas na presentación de “Carta urxente aos tres Reis Magos de Oriente”.

Artigos relacionados

Back to top button