CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Os Bolechas, protagonistas do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller na Rúa

Con motivo do 25N a administración local porá a disposición dos cativos o libro "No Concello da Rúa somos iguais"

Portada da publicación dos Bolechas “No Concello da Rúa somos iguais”.

 

Malia a situación sanitaria actual, no Concello da Rúa non esquecen a importancia de continuar fomentando a igualdade e a erradicación da violencia contra a muller. Por iso de cara ao 25N, achegan dúas propostas.

Por unha banda porá á disposición de todos os cativoss o libro de Os Bolechas “No Concello da Rúa somos iguais”, xunto cun caderno de actividades. A finalidade destas guías é “pór en valor, dun xeito ameno e divertido, a igualdade, o respecto e a convivencia”, avanzan dende o Concello. Así, traballarán en familia a autoestima e a sensibilización ante situacións de discriminación cotiás e terán presente esta mensaxe desde os primeiros anos.

O propio día da conmemoración, ante a imposibilidade de levar a cabo concentracións neste contexto de crise sanitaria, o Concello únese á convocatoria da Delegación do Goberno para “levar a cabo un minuto de silencio polas vítimas de violencia de xénero en España e visibilizar o noso compromiso e apoio”.

Ademais, o día 4 de decembro colocarase na praza do Concello un stand da campaña: “Agresion Off: Eu digo non á violencia sexual”, promovido pola Secretaría Xeral de Igualdade. Estará aberto para todos os públicos “contando coas medidas de prevención necesarias”, puntualizan dende o ente local.
No stand ofrécese á cidadanía participar en diferentes obradoiros de sensibilización e actividades lúdicas. No caso do público infantil, hai un espazo especial destinado a dinámicas adaptadas á súa idade. Os obradoiros están divididos en áreas de traballo co obxectivo de sensibilizar á poboación contra a violencia sexual en temas como o desmantelamento de estereotipos de xénero, alerta de micromachismos ou a violencia e as novas tecnoloxías, entre outros.

Artigos relacionados

Back to top button