ConcellosÚltima horaVídeos

Os Bombeiros da Coruña acoden a axudar no incendio que está a arrasar Valdeorras

Dende concellos de comarcas veciñas como Trives tamén chegaron voluntarios para loitar contra o lume

 

Un inferno. Así están a definir os afectados e os medios de extinción o incendio que está a arrasar a comarca de Valdeorras. Inicíabase o xoves en Riodolas (Carballeda de Valdeorras) e na xornada de onte extendíase polo municipio do Barco, chegando hoxe ao de Rubiá.

Ante a virulencia do lume, as altas temperaturas e os fortes refachos de vento, unido á escaseza de medios fan urxente calquera tipo de axuda.

E precisamente para axudar nos labores de extinción que neste momento son especialmente complicados no municipio de Rubiá, ata a comarca de Valdeorras se desprazaban varios equipos do corpo de Bombeiros da Coruña, que se poñían a disposición do posto de mando avanzado aquí despregado.

 

 

Axuda de concellos próximos

Tamén dende concellos próximos enviaban medios para loitar contra o incendio de Valdeorras. No caso de A Pobra de Trives trouxo ata O Barco a motobomba para axudar na loita contra o lume. “Ata ai tamén se desprazaron traballadores do Concello e catro voluntarios de Protección Civil”, di a alcaldesa Patricia Domínguez Barja.

A través de vídeos os propios voluntarios piden axuda, “máis axuda porque non damos feito”, di Anxo Trives.

 

Artigos relacionados

Back to top button