OurenseÚltima hora

Os Bombeiros de Ourense organizan unha xornada de portas abertas para este sábado

A actividade, que terá lugar entre as 10 e as 13h. dará a coñecer o funcionamento dos servizos de Emerxencia
Imaxe da xornada de portas abertas celebrada o ano pasado. /Foto: Carlos Asensio.

Conseguir que os máis novos coñezan en vivo o traballo deste corpo e dos demais servizos de emerxencia que operan na cidade, ademais de dar a oportunidade de colaborar co Banco de Alimentos, é o obxectivo da xornada de portas abertas que os Bombeiros de Ourense organizarán este sábado 26 de maio.

A actividade terá lugar entre as 10 e as 13 horas nas instalacións do Parque de Bombeiros, xunto ao Campo da Feira e tamén se contará coa presenza de membros dos diferentes corpos de seguridade que traballan en Ourense (Policía Nacional, Autonómica, Local, Garda Civil, 061 e Protección Civil).

Os visitantes poderán coñecer como é o día a día dos bombeiros e como se coordinan con outras forzas de seguridade no caso de que sexa necesario. Visitarán as instalacións, como a sala de telefonía onde se reciben as chamadas, e tamén poderán ver e subirse nos coches de bombeiros. Asemade este ano haberá sorpresas no exterior do recinto, como unha actividade coa que se pretende que os asistentes aprendan como actuar no caso de que vivan unha situación de emerxencia.

Este é o segundo ano que se organiza esta actividade, tras o éxito da pasada edición onde os bombeiros recibiron a preto de 2.000 persoas. Dende a organización se informa de que os menores deberán estar acompañados por unha persoa maior, adiantando que este ano ofrécese ademais a oportunidade de colaborar coa Banco de Alimentos de Ourense, facendo entrega de comida non perecedoira. A organización recollerá o material que se lle entregue destando a demanda dos seus usuarios por potitos para bebés, leite e leguminosas.

Artigos relacionados

Back to top button