En portadaGalerías de fotosTempo de EntroidosÚltima hora

Os Boteiros conquistan Viana

O tempo respectou o desfile de folións e comparsas o Domingo de Entroido pola mañá

Un ano máis, e malia a previsión de intensas chuvias, Viana do Bolo vivíu o Domingo Gordo (7 de febreiro) ao grande e sen auga, cos Boteiros como reis indiscutibles da festa e preto de vinte folións e comparsas que participaron no gran desfile do Entroido.

Dende o Toural ata a praza Maior e de aí ata a zona do pavillón polideportivo (onde se celebrou unha nova edición da Festa da Androlla), un a un foron pasando os participantes, da vila e doutros puntos da bisbarra, facendo soar os bombos, sachos e cornas, mentres os seus Boteiros despexaban o concurrrido camiño.

Os encargados de abrir o desfile foron os membros do folión de Cabo da Vila, e os encargados de pechalo, os do folión de Fradelo, e entre medias, os outros dous de Viana, o de Grixoá, Buxán, Fornelos de Filloás, Quintela de Edroso, Bembibre, Quintela de Pando, O Tameirón, Os Labregos de Trives e Os Arrieiros de Petín, entre outros moitos.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button