En portadaEntroido 2022Galerías de fotosÚltima horaVídeos

Os Boteiros volven conquistar Viana no Domingo Gordo máis esperado

 

Non teñen rival. Durante todo o Entroido, pero de forma especial o Domingo Gordo, os Boteiros e os folións son os auténtico donos de Viana do Bolo. E así o demostraban unha vez máis na mañá deste 27 de febreiro.

Logo dun ano no que non puderon saír por mor da pandemia, os amantes do Entroido máis tradicional tiñan ganas de festa e os folións non defraudaron percorrendo as rúas de Viana, dende o Toural ata a praza praza Maior, un total de 18 cada un coas súas propias máscaras.

 

 

Coma sempre, o primeiro en desfilar eran Cabo da Vila, seguido por Grixoá, Quintela do Pando, Bembibre, As Carrelas, Quintela de Edroso, Punxeiro, Penouta e Santa Mariña, todos, do concello de Viana do Bolo. De seguido baixaban Mormentelos (Vilariño de Conso), Buxán (O Bolo), A Veiga, Vilariño de Conso, Os Labregos (Trives) e Os Arrieiros (Petín). Para o final quedaban outros tres folións de Viana: Vilarmeao, Fradelo e o Alternativo que era coma sempre quen pechaba a festa cun apoteósico final.

Coma nos mellores tempos, e malia manter certas medidas (moita xente levaba mascarilla), Viana encheuse de público que seguía o ritmo dos folións, especialmente na praza. O que non houbo este ano foi a Festa da Androlla aínda que cada un dos participantes recibía un bocadillo.

 

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button