EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os brindes dende a casa con viños da D.O. Ribeira Sacra teñen premio

As 3 fotos que máis “Me gusta” recibiron resultaron galardonadas neste concurso que pretende tamén "abrir a posibilidade para gozar dos recursos da Ruta do Viño da Ribeira Sacra, cando vaian abrindo as súas portas"

 

Do 6 ao 13 de maio o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra propoñía unha semana adicada ao brinde “Día Movemento Viño D.O.”. E foise facendo este brinde colectivo no que os participantes remitían fotos, brindando con viños da D.O. Ribeira Sacra. “O obxectivo é poñer en valor o traballo de viticultores e adegueiros”, indican dende este consello regulador.

Así cos hastags #BrindisMovimientoVinoDO #BrindisDORS fóronse colgando na páxina de Facebook da D.O. Ribeira Sacra as fotos que se cinguían ás bases da convocatoria; a foto debía recoller unha botella da D.O. Ribeira Sacra e xesto de brinde. “Entre as fotos recibidas houbo quen sinalou a súa procedencia e aquí destacamos a participación de xente de Barcelona e Cádiz que quixo compartir o seu brinde cos viños da D.O. Ribeira Sacra desde o seu lugar de confinamento”, segundo o consello regulador.

 

 

As 3 fotos que máis “Me gusta” recibiron antes das 23.59 do día 13 de maio son as fotos premiadas neste concurso que pretende tamén “abrir a posibilidade para gozar dos recursos da Ruta do Viño da Ribeira Sacra en canto os establecementos asociados vaian abrindo as súas portas”.

Os premiados son:

– Antía Pavón de Lalín. Comida ou cea nun restaurante da Ruta do Viño de Ribeira Sacra
– Flavia Payno de Bandeira. Aloxamento dunha noite e almorzo nun establecemento da Ruta do Viño de Ribeira Sacra.
– Adam Salgado de Leiro, Ourense. Visita guiada a adega da Ruta do Viño de Ribeira Sacra con cata completa dos seus viños.

 

Dende o  C.R.D.O.R.S. agradece a participación neste brinde de adegas e particulares que durante unha semana contribuíron a divulgar os viños da D.O. Ribeira Sacra coas súas imaxes. Ademais este organismo adianta que entre o 18 ao 22 deste mes publicaranse na páxina de Facebook da D.O. Ribeira Sacra, as fotos que se enviaron e que non entraron a concurso, “ben porque faltaba a botella ou o brinde. Deste xeito quérese agradecer tamén a implicación desas persoas que tiñan un Ribeira Sacra na casa”.

As imaxes recollen as tres fotografías premiadas. Fotos cedidas polo CRDO Ribeira Sacra.

 

Artigos relacionados

Back to top button