ConcellosÚltima hora

Os Broders actuarán o domingo 8 de setembro en Éntoma (O Barco)

O concerto enmárcase nas festas na honra á Virxe de Galir que se celebrarán esta fin de semana na Porta de Neira

Os Broders. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Cun completo programa se celebrarán esta fin de semana as festas na honra á Virxe de Galir en Éntoma, na Porta de Neira.

Un programa que comezará o sábado 7 de setembro ás 21h. coa actuación de Antiorquesta Castafiore (música lixeira e improvisación con estilo propio). Dúas horas máis tarde, ás 23h. terá lugar a procesión das antorchas ata a Igrexa de San Xoán e xa pasada a media noite actuará o grupo de versións dos anos 60 e 70, Blue Stars.

A festa continuará ao día seguinte, domingo 8 de setembro ás 12:30 horas, coa procesión que levará á Virxe de Galir dende a Igrexa de San Xoán ata a súa capela onde terá lugar a misa na súa honra. Ao finalizar a eucaristía haberá cantos de taberna na Porta de Neira a cargo do grupo de gaitas Os Parrandas de Córgomo. O broche musical porano Os Broders.

 

Artigos relacionados

Back to top button