CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Os Broders porán ritmo ao magosto do Bravo Lux (A Rúa) este venres 5 de novembro

Os Broders./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Música e merenda. É a proposta do Bravo Lux (A Rúa) para o seu particular magosto que celebrará este venres 5 de novembro a partir das 20:30 horas.

Así, por 7 euros os asistentes poderán degustar un bolo preñado, bullotes asados e bica caseira con caña, refresco ou viño, así como a actuación ao vivo do grupo de versións Os Broders.

Coma sempre dende a pandemia, o aforo será limitado, respectándose todas as medidas anti Covid-19. A entradas están á venda no bar La Pampa no Barco, na panadería Juyana na Rúa e no propio Bravo Lux.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button