DeportesÚltima hora

Os cadetes do C.D. Barco, campións da Copa Deputación

5-0 vencían ao C.D.Rúa en Calabagueiros, na primeira final entre dous conxuntos valdeorreses

A tarde do sábado 16 de maio, foi de festa no campo de fútbol de Calabagueiros onde se vían as caras dous eternos rivais deportivos, C.D. Barco e C.D. Rúa. Os cadetes de ámbolos dous clubs enfrontábanse por primeira vez na final da Copa Deputación, un trofeo que finalmente sería para o conxunto local dirixido por Gunty.

A elección do campo foi por sorteo e ata O Barco se desprazaban numerosos afeccionados, que contentos de que os seus equipos chegasen á final e que por riba se xogase en Valdeorras, enchían as bancadas.

Sobre o céspede, o conxunto vermello impuxo o seu dominio, controlando o balón dende o primeiro momento e marcando os 5 goles que lle daban a merecida vitoria. Con todo a traxectoria de ámbolos dous equipos na liga foi moi boa, atopándose en plena fase de ascenso.

Os trofeos e copas de subcampíón e campión, foron entregados polo delegado da Federación Galega de Fútbol en Ourense, José Luis Cachaldora e o concelleiro de Educación e Medio Ambiente do Barco, Aurentino Alonso.

Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.
Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button