DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os cadetes do C.D. Barco lévanse o derbi comarcal no campo do Aguillón

Os barquenses vencían 2-4 aos rueses no terceiro partido de liga, disputado na tarde do 22 de setembro

Numeroso público se reunía na tarde do 22 de setembro no campo do Aguillón para ver o partido da terceira xornada de liga que enfrontaba aos cadetes do C.D. Rúa e do C.D. Barco, no primeiro derbi comarcal da tempada.

Eran os barquenses os que se adiantaban no marcador co gol de Jairo no minuto 3 e Yordi empataba o encontro no 15′ chegando ao minuto 15 co segundo gol visitante, obra de Gorka. O xogador barquense tivo unha tarde moi acertada marcando outros dous goles xa na segunda metade do encontro: un no 47′ e outro no 56′. Yordi recurtaba distancias marcando de novo para os locais no minuto 65′ pero co 2-4 o marcador, o colexiado pitaba o final do encontro.

Para o equipo cadete do Rúa, que se estrea este ano na liga, era o segundo partido da tempada, cunha vitoria e unha derrota no seu historial. Para o Barco era o terceiro, sumando dúas vitorias e unha derrota que o sitúan na cabeza da clasificación.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button