DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Os cadetes e os infantís do C.D. Rúa inauguran a tempada en casa con sendas vitorias

Os primeiros goleaban 7-2 ao Arenteiro e os pequenos ganaban 2-1 á UD Ourense

O C.D. Rúa non podía comezar de mellor forma a tempada oficial en casa: con dous partidos da base e con sendas vitorias. Os primeiros en estrear o campo Vicente Solarat Maceda na liga 2019/2020 eran os cadetes que adestra Berto, que saltaban ao terreo de xogo ás 11 da mañá do 7 de setembro para enfrontarse aos rapaces do C.D. Arenteiro que apenas tiveron opcións, rematando o encontro co 7-2 no marcador.

Pola tarde tocáballe o turno aos infantís que levan este ano Sabela e Juan Carlos, a maioría recén ascendidos do equipo alevín, que se enfrontaban á UD Ourense, superior en canto a tamaño. Mais pouco importou a diferenza de estatura ou a falta de experiencia e malia ser os ourensáns os que se adiantaban no marcador, os rueses eran capaces de darlle a volta ao marcador vencendo 2-1 (goles de Berto).

Mañá será a quenda para o equipo sénior que este ano está ás ordes de Luis María Ferrer. A partir das 18h. comezará a liga enfrontándose ao SP Vilamarín.

As primeiras imaxes da galería corresponden ao partido dos cadetes e as últimas ao dos infantís.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close