En portadaÚltima hora

Os caldos valdeorreses premiados na XXVII Cata de Viños de Galicia

Quinta da Peza mencía foi elixido o mellor tinto de Galicia e os acios concedidos á D.O. Valdeorras foron para tres godellos

O mencía Quinta da Peza da adega ruesa da D.O. Valdeorras Quinta da Peza, era elixido polos profesionais da XXVII edición da Cata de Viños de Galicia como o mellor viño tinto da comunidade. Así se daba a coñecer na tarde do 29 de xuño na entrega de premios que tiña lugar no Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela, que contou coa presenza do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Os premios Cata de Viños de Galicia son concedidos anualmente pola Consellería de Medio Rural e do Mar “aos mellores viños e augardentes de todo o territorio galego” explican dende o CRDO Valdeorras, engadindo que tamén se conceden tres premios por cada unha das denominacións de orixe: Acio de Ouro, Prata e Bronce.

No caso da D.O. Valdeorras os tres premios foron para tres godellos: o Acio de Ouro, para Hacienda Ucediños godello da Adega Eladio Santalla Paradelo do Barco; o Acio de Prata, para Godeval godello das Adegas Godeval do Barco; e o Acio de Bronce, para A Coroa godello da Adega A Coroa da Rúa.

Artigos relacionados

Back to top button