OurenseÚltima hora

Os cambios na normativa sobre eficiencia enerxética nas empresas, a debate en Ourense

A CEO celebrou unha xornada adicada a analizar as modificacións que impón a comunidade europea nos criterios sobre aforro da enerxía
O conferenciante de EnergyLab e a vicepresidenta da CEO, esta mañá.
O conferenciante de EnergyLab e a vicepresidenta da CEO, esta mañá.

A Confederación Empresarial de Ourense (CEO) adicou esta mañá, 12 de maio, unha xornada á ‘Transposición da Directiva Europea de Eficiencia Enerxética’, é dicir, unha charla na que Gerardo Rodríguez, investigador da Área de Edificación de EneryLab, explicou o alcance dos cambios na normativa europea sobre eficiencia enerxética e a importancia que van a ter no funcionamento das empresas.

Deste xeito indicou que as modificacións impostas obligan a realizar auditorías enerxéticas periódicas cada catro anos ou a implantar sistemas de xestión enerxética ou ambiental en grandes empresas antes do remate de 2016.

A conferencia foi presentada pola vicepresidenta da CEO, Rosa María Sánchez, que manifestou que “dende a CEO preocupámonos por achegar aos empresarios as novidades de calquera ámbito que poidan ser útiles á hora de modernizar e competir nos mercados”.

Artigos relacionados

Back to top button