CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Os “Camiños” de Magín Blanco recalan na Rúa

O artista valdeorrés actuaba na rúa Doutor Vila na tarde do 20 de xullo

A pé de rúa, na céntrica Doutor Vila e da man dos establecementos hostaleiros Bravo Lux e Norte, Magín Blanco achegaba á súa vila o seu último traballo Camiños.

Diante de cativos e non tan cativos, o polifacético artista das letras e da música poñía en marcha o mecanismo para transportar ao asistentes a un mundo máxico. Un novo camiño cheo de aventuras e misterios, unha viaxe e un lugar de encontro e descubrimentos para os nenos. A través de cancións, contos, poemas e textos de destacados escritores galegos, xunto coa súa propia música, Magín levou aos cativos por unha senda de claves e pistas para divertirse e tamñén aprender.

Camiños é unha proposta educativa, unha metáfora da vida onde conflúen música, teatro, poesía e contos, para estimular e enriquecer a imaxinación e a creatividade dos nenos, e na tarde do 20 de xullo conquistaba ao público na Rúa.

Fotos: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button