OurenseÚltima hora

Os camiños naturais da Via Nova e o de Interior, en desenvolvemento

Así o sinalaba a directora xeral de Conservación da Natureza no decurso dunhas xornadas técnicas na Coruña
A directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, na xornada técnica sobre Camiños Naturais, acompañada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo.
A directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, na xornada técnica sobre Camiños Naturais, acompañada polo director xeral de Desenvolvemento Rural, Antonio Crespo.

Itinerarios para facer a pé, en bicicleta ou ata en cabalo, por veciños e por visitantes interesados no turismo de natureza ou ecoturismo. A esta idea resposta o desenvolvemento de tres novos camiños naturais, dous deles ourensáns, que se están a impulsar dende a Consellería de Medio Ambiente en colaboración coa Administración do Estado.

Así, na actualidade trabállase na última fase de desenvolvemento do Camiño natural do Cantábrico, o Camiño do Interior ou de San Rosendo e o Camiño da Vía Nova. Estes traballos, nos que se invisten máis de 4 millóns de euros, permitirán definir itinerarios de longo perrecorrido que vertebran o territorio galego e que son unha mostra “importantísima do valor natural e patrimonial de Galicia”, tal e como sinalaba a directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, na mañá do 7 de xullo durante a súa intervención na xornada técnica sobre Camiños Naturais na Coruña.

Tellado aseguraba que son unha oportunidade para o desenvolvemento da economía rural e tamén lembraba que desde o ano 2007 a Xunta de Galicia, en colaboración e coordinación co Ministerio de Medio Ambiente, ten avanzado de forma significativa na recuperación de antigas vías, camiños e senda utilizados polos nosos antepasados, e que agora en desuso, están chamados a ser un motor de desenvolvemento rural.

Artigos relacionados

Back to top button