OurenseSen categorizarÚltima hora

Os camións de Verín engalánanse por San Cristobo

O desfile terá lugar o sábado 6 de xullo ás 16:30 horas, partindo da antiga lonxa agropecuaria, continuando pola Avenida de Sousas ata as rúas centrais da vila

O maior desfile de camións engalanados de Galicia percorrerá mañá Verín. Nel participarán máis dun cento de transportistas da localidade. Con motivo da próxima festividade de San Cristobo, o patrón dos conductores e transportistas, os camión serán adornados con diferentes motivos florais, de actualidade e demais orixinalidades para desfilar por toda a vila do Támega.

Este ano, o desfile partirá ás 16:30 horas da antiga lonxa agropecuaria, e dirixirase pola Avenida de Sousas ata as rúas centrais da vila.

Fotos: Concello de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button