ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Os camións toman O Barco na procesión de San Cristovo

Medio cento de camións percorrían na tarde do 9 de xullo a vila barquense con motivo da celebración do San Cristovo. A festa, promovida por COASVA (Condutores Asociados de Valdeorras) tiña como centro neurálxico o campo da festa do Malecón, onde se congregaban ao longo do día os vehículos. Ás oito da tarde tiña lugar a misa, presidida pola imaxe de San Cristovo e, media hora despois, dábase paso á tradicional procesión de camións engalanados, envolta nunha incensante banda sonora de claxóns.

Antes de saír do Malecón, cada un dos camións era bendecido. Tras ir ata a rotonda da Pobra, a procesión volvía á vila en dirección a Viloira, onde de novo daban a volta, e regresaban ata o Malecón. A festa seguía ao ritmo do Trío Medianoche e cunha cea e baile.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Artigos relacionados

Back to top button