En portadaÚltima hora

Os camións tomarán o centro do Barco polo San Cristóbal

A procesión destes vehículos será un dos actos organizados por Conductores Asociados de Valdeorras para honrar ao seu patrón o día 8 de xullo
Procesión de camións na honra de San Cristóbal no Barco./ Foto: Ángeles Rodríguez.

 

O vindeiro sábado 8 de xullo a imaxe de San Cristóbal volverá percorrer a vila barquense seguida dunha longa e sonora procesión de camións engalanados. Será a partires das oito e media da tarde. Este é un dos actos máis singulares e chamativos da celebración que cada ano organizan os Conductores Asociados de Valdeorras para honrar ao seu patrón.

 

Bendición dos vehículos ao inicio da procesión./ Foto: Ángeles Rodríguez.

 

Despois voltarán ao punto de saída da procesión, a explanada do Malecón, onde soará xa a música do Trío Medianoche. Os asistentes poderán cear neste mesmo lugar xa que nas proximidades instalarase un posto no que se servirá churrasco e pulpo á feira. Ademais procederase ao sorteo dos agasallos das rifas que a asociación venderá durante ese día. A festa do San Cristóbal será promovida por COASVA en colaboración co Concello do Barco.

Artigos relacionados

Back to top button