ConcellosQuirogaÚltima hora

Os campamentos de verán de Quiroga, en marcha

 

Corenta nenos iniciaban esta mañá os Campamentos de Verán que un ano máis puxo en marcha o Concello de Quiroga. “Non puideron entrar todos os nenos posto que había máis demanda que as prazas que autoriza a Xunta de Galicia baseada sen medidas de prevención anti covid, polo que foi preciso ter en conta diversas circunstancias para dar preferencia de entrada como estar empadroado en Quiroga”, explican dende o Concello.

A esta apertura dos campamentos o concelleiro de xuventude, Luis Manuel Arias, encargado de supervisar unha ducia de monitores voluntarios que traballarán no desenvolvemento das actividades e no coidado dos nenos participantes, tanto nas aulas como fora delas.

A finalidade dos campamentos é “poñer a disposición dos pais e nais traballadores unha alternativa para poder conciliar a vida laboral coa familiar, á vez que os nenos participan en distintas actividades. O viño, o mel e o aceite produtos tan importantes para Quiroga tamén terán o seu oco dentro dos campamentos, ademais doutras actividades como repaso escolar ou hábitos saudables. O deporte tamén será un tema importante posto que como todos os anos os nenos e nenas desenvolverán actividades no pavillón municipal e cando o tempo o permita os campamentos rematarán diariamente nas piscinas municipais”, explican dende o Concello.

A duración dos campamentos será de dous meses, ata o 31 de agosto. Estes campamentos de verán contan con catro aulas repartidas entre a Ludoteca, a Casa da Cultura e o cento de Formación Ocupacional Pía Páxaro, cun grupo de dez cativos en cada aula.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button