ConcellosÚltima hora

Os campamentos de verán do Barco desenvolveranse do 1 de xullo ao 30 de agosto

O prazo para inscribirse nesta actividade, que promoven o Concello e a Asociación Vagalume, rematará o vindeiro 25 de xuño
A concelleira de Cultura do Barco, Margarida Pizcueta, co representante de Vagalume, José Fernández.

“O misterio do Barco encantado” será o título da nova edición dos campamentos de verán do Barco que se desenvolverán do 1 de xullo ao 30 de agosto. Esta iniciativa, promovida polo Concello do Barco e pola Asociación Vagalume dende hai xa vinte anos, presentábase na mañá do 20 de xuño.

O campamento vai dirixido a nenos entre 3 e 12 anos de idade e farase no CEIP Otero Pedrayo de Viloira en horario de 10h. a 13h., tendo ademais servizos de garda de 9 a 10h. e de 13 a 14h. Nel participarán uns 10 monitores e oito voluntarios, tal e como matizaba a concelleira de Cultura, Maragarida Pizcueta, acompañada por José Fernández de Vagalume.

O prazo para inscribirse finalizará o vindeiro 25 de xuño, se ben ata agora xa se tiñen inscrito uns 138 rapaces. No campamento de verán inclúense actividades moi variadas que van dende obradoiros de arte e cociña, ata xogos tradicionais, cine, andainas ou xincanas de patinaxe.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button