OurenseÚltima hora

Os Campionatos Galegos de Kickboxing reunirán en Ourense a 300 deportistas

As probas de Tatami Sports (con contacto) celebraranse este sábado día 15 de febreiro; e as de Ring Sports (sen contacto), os día 22 e 23

Presentación dos campionatos galegos de kick boxing en Ourense.

 

A cidade de Ourense acolerá neste mes de febreiro, os Campionatos Galegos de Kickboxing nas súas dúas modalidades: Tatami Sports, con contacto, e Ring Sports, sen contacto.

Organizados pola Federación Galega de Kickboxing coa colaboración do Consello Municipal de Deportes e da Deputación Provincial, terán lugar o sábado 15 –Tatami Sports-, no Polideportivo de Oira; e a fin de semana do 22 e 23 de febreiro –Ring Sports– no Pazo dos Deportes Paco Paz. Ambos eventos, con entrada de balde, serán a plataforma para optar ao Campionato de España 2020, que se celebrará en Córdoba do 2 ao 5 de xullo.

Para este sábado 15 están previstas as probas de Full Contact, Low Kick e K1 rules, na que participarán 48 competidores de 17 clubs galegos para as categorías masculina e feminina, entre os 17 e os 40 anos. A provincia de Ourense achegará 5 deportistas pertencentes a 4 clubs deportivos, entre eles Rúben Batán, campión galego 2017, 2018 e 2019, e campión de España 2019, e Patricia Da Silva, campioa galega en 2017.

A seguinte fin de semana celebraranse as probas de contacto lixeiro –Light Contact, Point Fighting e Kick Light-, unha modalidade sen contacto na que se valoran máis os fundamentos técnicos. Participarán 258 competidores de 37 clubs deportivos de Galicia, 11 deles de Ourense, con 47 deportistas. A competición desenvolverase en categorías masculina e feminina con idades comprendidas entre os 8 e os 45 anos.

A presentación dos campionatos tiñan lugar esta maná no Concello de Ourense coa presenza, entre outros, do concelleiro de Deportes Mario Guede; do presidente da Federación Galega de Kickboxing Cipri Gomes; e dos deportistas Rubén Batán e Patricia da Silva.

 

Artigos relacionados

Back to top button