Os Cantos de Taberna abrirán esta tarde a XI Mostra do Patrimonio Inmaterial de Trives

Sete grupos tocarán dende as 20h. por unha ducia de establecementos de hostalaría da vila nunha iniciativa que promove a Asociación Cultural A Caniceira

Ambiente nun dos bares participantes no pasado verán nos cantos de taberna de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

Ao ritmo de cantos de taberna polos diferentes establecementos de hostalaría de Trives comezará na tarde deste venres 9 de agosto a XI Mostra do Patrimonio Inmaterial-Entroido de Verán, que promove un ano máis a a Asociación Cultural A Caniceira na fin de semana do 9 ao 11 de agosto.

Un total de sete grupos de diferentes partes do oriente ourensán participarán nesta edición: As Macizas Centrais (Trives), San Nordés (Trives), Pascuis (Trives), Son do Bibei (O Barco-Trives), Os Trabazos (Castro Caldelas), Os Singuinarios (Manzaneda) e Os Parrandas (Valdeorras).

 

Membros de diferentes grupos tocando xuntos na pasada edición dos Cantos de Taberna de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

Ás sete e media da tarde reuníranse na Praza do Pilón e dende aí iniciarán un animado percorrido musical por unha ducia de locais triveses: Troula, Casanova, Quintela, Paíño, Boliche, A Cantina do 4, Manolo’s, O Bodegón, Sky, San Martín e O Cafeto. De seguro encheranse de xente, bo humor e de moita música nun ambiente festivo que continuará ata a madrugada tanto dentro dos locais como nas súas terrazas.

A XI Mostra do Patrimonio Inmaterial continuará na fin de semana cun multitude de interesnates e variadas propostas para todas as idades.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies