En portadaÚltima hora

Os cantos de taberna abrirán o X Entroido de Verán de Trives

Oito grupos participarán nesta cita que enceta o programa da Mostra de Patrimonio Inmaterial trivesa, promovida do 10 ao 12 de agosto pola Asociación Cultural A Caniceira
Edición anterior dos Cantos de Taberna en Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

Entre instrumentos, moita música e cantos polos diferentes establecementos de hostalaría de Trives comezará na tarde deste venres 11 de agosto a décima edición da Mostra do Patrimonio Inmaterial-Entroido de Verán, que organiza a Asociación Cultural A Caniceira. Un total de oito grupos reuniranse ás 20h. na praza do Pilón para sumarse a un percorrido musical por unha ducia de locais triveses: O Lar de Alicia, San Martín, O Cafeto, Troula, Quintela, O Bodegón, Sky, Paíño, Manolo’s, Boliche e A Cantina do Catro.

De seguro encheranse de xente coa música, o humor e o bo ambiente creado polas Macizas Centrais, Os Trabazos, San Nordés, Los Mariachis Locos, Rondalla Esmorga, Son do Bibei, Os Tabernícolas e Nova Era. Os IX Cantos de Taberna continuarán ata a madrugada.

Artigos relacionados

Back to top button