CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaO Sil agosto 2016Última hora

Os Cantos de Taberna conquistan a noite trivesa

Gran participación, numerosas persoas nas terrazas, moita música e bo humor e unha agradable temperatura. A quinta edición dos Cantos de Taberna resultaba todo un éxito. O punto de partida deste circuíto musical era a praza do Pilón en torno ás nove da noite. Alí congregábanse os oito “grupos festeiros” participantes: As Porcas Bravas (Ourense), Macizas Centrais (Trives), Mamuxos (Ourense), Manzaneda Banda (Manzaneda), O Mariachi da Taberna (Trives), Rondalla Esmorga (Trives), San Nordés (Trives) e Somosche d’herbas (Castro Caldelas).

E dende esta céntrica praza comezaban un circuíto musical pola ducia de “tabernas festeiras” participantes nesta edición: Ardora, Bodegón, Boliche, Cafeto, Cantina do 4, Casanova, Manolo’s, Paiño, Quintela, San Martín, Sky e Troula. Nas súas terrazas multitude de persoas, moitas delas de fóra de Trives, desfrutaban da noite e do bo ambiente que continuaba ata a madrugada.

Esta quinta edición dos Cantos de Taberna formaba parte da VIII Mostra de Patrimonio Inmaterial, que organiza cada verán a Asociación Cultural A Caniceira de Trives.

Fotos: Carlos G. Hervella.
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button