CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Os Cantos de Taberna regresan a Trives o 24 de novembro cunha ducia de grupos

A partires das sete da tarde doce bares da vila encheranse de música e festa a través desta iniciativa promovida pola AC A Caniceira
Un dos grupos participantes nunha edición anterior dos Cantos de Taberna de Trives./ Foto: Carlos G. Hervella.

Ao ritmo da música, unha ducia de locais de hostalaría de Trives vestiranse de festa da man da décima edición dos Cantos de Taberna de Trives. Esta cita musical, que promove a Asociación Cultural A Caniceira, está prevista para a tarde e noite do sábado 24 de novembro. Desta volta amplíase notablemente a participación ata chegar a doce grupos de diferentes puntos da provincia de Ourense e ata de fóra.

Así actuarán San Nordés (Trives), Re-la-mi-dos (Ourense), Parranda (O Barco), Os Trabazos (Castro Caldelas), Son do Bibei (Valdeorras), Rondalla Esmorga (Trives), Sómosche d’herbas (Trives), Mariachis Locos (Trives), The Pacorro’s Brothers (Manzaneda), Sons da Raia (Salvaterra do Miño), As Macizas Centrais (Trives) e Nova Era (Verín).

O esquema será moi similar ao de edicións anteriores. Pola tarde os grupos participantes (que contarán cun guía da organización) xuntaranse na praza do Pilón e ás 19h. cada un deles iniciará un circuíto distinto polos bares participantes: Casanova, Quintela, Lar de Alicia, Cafeto, Sky, Bodegón, Cantina do 4, Boliche, Manolo’s, Paíño, Troula e San Martín.

Arredor das once da noite, unha vez que cada grupo complete o seu percorrido por catro dos locais da ruta, volverán a xuntarse na praza do Reloxo para concluír a celebración cun reparto de agasallos. A organización, que anima a veciños e visitantes a sumarse a esta celebración, contará nesta edición coa colaboración dos  bares triveses, que obsquiarán aos grupos con bebida e petiscos.

 

Artigos relacionados

Back to top button