Galerías de fotosSemana SantaÚltima hora

Os caracois acesos iluminan a procesión do Silencio en Petín

A multitudinaria cita, centrou o programa da Semana Santa na parroquia valdeorresa

O profundo silencio no que se desenvolve é unha das características da procesión da Soidade, tamén chamada das antorchas ou dos caracois, un dos actos centrais da Semana Santa en Petín que se celebraba o Venres Santo.

Ás dez da noite e tralos centos de devotos congregados a carón da igrexa parroquial, a imaxe da Virxe das Dores saía a ombros das mulleres para percorrer as empedradas rúas de Petín. De cando en vez, a comitiva facía un alto no camiño para escoitar o Miserere nas voces dun grupo de homes, outra das peculiaridades desta procesión.

A terceira e especialmente significativa característica é a peculiar iluminacion dunha das rúas que forma parte do percorrido, con conchas de caracois acesos, unha tradición que se mantén viva e ano tras ano atrae a atención dos asistentes.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button