ConcellosÚltima hora

Os caracois ardendo non iluminarán esta noite de Venres Santo a vila do Castro (O Barco)

 

A Procesión da Soidade na vila do Castro constitúe unha das citas máis tradicionais e de referencia da Semana Santa no Barco. Multitude de persoas acostuman reunirse cada Venres Santo nesta localidade para participar neste singular acto relixioso no que o percorrido que fai a Virxe é iluminado con cunchas de caracois acesos, coidadosamente preparados polos veciños.

Desta volta, debido á emerxencia sanitaria que se está a vivir, non será posible, pero para lembrar esta antiga celebración compartimos estas imaxes tomadas na pasada Semana Santa.

Fotos: A.R.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button
Close