A RúaConcellosÚltima hora

Os casos activos de coronavirus na Rúa mantéñense en sete, segundo o Concello

O comezo das Escolas Deportivas Municipais posponse ata o 2 de novembro

Casa do Concello da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Este xoves 15 de outubro debería dar comezo o curso nas Escolas Deportivas Municipais da Rúa, pero dende o Concello anuncian nas redes sociais que á espera da evolución da situación na comarca, posponse a súa apertura ata o 2 de novembro “aínda que neste intre non temos constancia de que o número de casos na Rúa aumente, atopándonos neste momento con 7 casos en activo”, puntualizan.

O propio Concello explica que nas condicións de apertura do prazo de matriculación hai unha semana, xa se anticipaba que o inicio das escolas quedaba supeditado á situación sanitaria. “A diferenza que corresponda será descontada a quen o solicite no seguinte pago”, lembran.

Artigos relacionados

Back to top button