SanidadeÚltima hora

Os casos activos de Covid elévanse a 54 na provincia de Ourense, 5 máis que onte

Exterior do Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Continúa, unha xornada máis, o incremento de casos activos de Covid-19 na provincia de Ourense. Segundo a última actualización feita pública pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade son xa 54 os casos activos rexistrados, o que supón cinco máis que onte. Tres deles están ingresados no Hospital de Ourense e o resto en seguemento a domicilio.

No conxunto de Galicia son 827 os casos activos, deles ata 463, a meirande parte, son da área sanitaria da Coruña, 84 da de Lugo, 45 da de Pontevedra, 116 da área de Vigo, 45 da de Santiago, e 20 da de Ferrol, ademais dos 54 xa citados da de Ourense.

Do total de pacientes positivos na comunidade, 3 están en UCI, 35 en unidades de hospitalización e 789 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.476 persoas curadas, rexistrándose 622 falecementos. A última persoa falecida trátase dunha muller de 89 anos da área sanitaria da Coruña.

O número de PCR realizadas é de 269.448.

Artigos relacionados

Back to top button