SanidadeÚltima hora

Os casos activos de Covid na provincia de Ourense suman 343, tres máis que onte

A Hospital de Verín queda libre de ingresos ao rexistrarse a única alta que había

Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Continúan en ascenso as cifras de coronavirus na provincia. Así, segundo a última actualización de datos notificada hoxe pola Consellería de Sanidade, rexístranse 343 casos activos na Área Sanitaria Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, tres máis que onte.

Deles, 18 están ingresados en planta e 4 en UCI. Os 321 pacientes restantes permanecen a seguemento a domicilio, todos eles no Hospital Universitario de Ourense. Polo tanto, o Hospital de Verín queda libre de ingresos e o Hospital de Valdeorras segue sen rexistrar ningún.

O total de casos rexistrados na provincia ascende a 2.474, con 1.996 curados e 135 falecementos. Na provincia lévanse realizado no que vai de pandemia un total de 43.920 probas PCR, 486 máis que onte.

Artigos relacionados

Back to top button
Close