En portadaSanidadeÚltima hora

Os casos activos de Covid soben a 1.605 na provincia, 42 máis que onte

Exterior do Hospital Público de Valdeorras.

 

O número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 4.601, segundo a última actualización que vén de facer pública a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade. A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco mantense, unha xornada máis, como a de maior número de casos con 1.605, o que supón 42 máis que onte. Ademais a Área da Coruña rexistra 765 , 475 a de Lugo, 469 a de Pontevedra, 512 a área de Vigo, 628 a de Santiago, e 147 a de Ferrol.

No caso da provincia de Ourense confirmáronse 84 casos por PCR nas últimas 24 horas. Esta área conta con 11 pacientes en Unidades de Coidados Intensivos e 76 hospitalizados en planta. Así o Hospital Universitario de Ourense ten 11 en UCI e 64 en planta, mentres que o Hospital de Valdeorras segue cun ingreso en planta e o Hospital de Verín con 10 en planta.

Ata agora a provincia ten rexistrado 4.999 casos, con 3.218 curados e 177 falecidos. E lévanse realizado 74.517 probas PCR.

No caso do conxunto de Galicia, do total de pacientes positivos, 41 están en UCI, 218 en unidades de hospitalización e 4.342 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 22.277 persoas curadas, rexistrándose 797 falecementos. O número de PCR realizadas é de 560.887.

Artigos relacionados

Back to top button